Escudo Concello de Ordes
¿QUÉ É A UNIDADE PSICOSOCIAL?

É un servicio de atención psicolóxica, gratuíto e confidencial, ofrecido polo Concello de Ordes á cidadanía que o forma.

¿QUÉN PODE ACUDIR?

Calquera persoa que se atope nunha situación que lle cree malestar ou lle interfira no desenrolo normal da súa vida cotiá.Atendemos a nenos/as, mozos/as, adultos/as e terceira idade. 

¿CÓMO ACUDIR?
Mediante cita previa
:

  • Chamando ó Tfno.: 627983619
  • Acudindo en persoa 

¿QUÉ FACEMOS?

  • Avaliación da queixa
  • Diagnóstico
  • Tratamento individual e/ou familiar
  • Prevención a nivel comunitario
  • Informes psicolóxicos...

¿QUÉ PROBLEMÁTICAS ATENDEMOS?

  • Depresión
  • Ansiedade
  • Dificultades familiares
  • Dificultades de parella
  • Dificultades escolares
  • Adiccións: tabaco, alcohol e drogas.... 

¿CON QUÉN NOS COORDINAMOS?

  • Co Centro de Saúde
  • Cos Centros de Ensinanza
  • Co Centro de Información á Muller
  • Con Educación Familiar
  • Con Servicios Sociais
 
¿CÓMO CONTACTAR CON NÓS?

Concello de Ordes

R/ Alfonso Senra Nº 108

15680 Ordes

Teléfonos: 627983619 / 981680002 (extensión 215)

E-mail: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

 

HORARIOS DE ATENCION FLEXIBLES

 
ARTIGOS DE SENSIBILIZACIÓN

Esta sección ten como obxectivo dar a coñecer artigos sobre a saúde a nivel psicolóxico de cara a orientar e previr á sociedade, ademais de poder crear un espacio onde calquera persoa poida plantexa-las súas dúbidas, suxerencias, etc, sobre os artigos publicados ou outros temas que crea de interese que se aborden.

Con este fin as persoas que queiran contactar coa unidade mediante a dirección de email correspondente poden face-lo e responderanse as súas peticións. Preservarase a súa identidade (segredo profesional), tan só se expoñerán as preguntas feitas e as respostas dadas porque poden servir de reflexión e axuda para outra xente.

- MITOS SOBRE OS PSICÓLOGOS/AS

- OS CELOS

- O ESTRÉS

- O ACOSO ESCOLAR

- ¿QUÉ É A FIBROMIALXIA?

- ¡COIDADO COA INFORMACIÓN!

 
MITOS SOBRE OS/AS PSICÓLOGOS/AS

Ós psicólogos só van os que están tolos.

Esto non é certo.

Leer más...
 
OS CELOS

Os celos son unha emoción que xurde como consecuencia de querer ter en exclusiva a unha persoa.
Aínda que fundamentalmente asociamos celos ás relacións de parella, o certo é que se poden dar en calquera outra relación (entre irmáns, compañeiros/as de traballo...).

Leer más...
 
O ESTRÉS

O estrés é a resposta de ansiedade que experimenta unha persoa cando ten que facer fronte a unhas demandas do medio que lle resultan excesivas. A persoa non cree que coas súas capacidades poida superar aquelo que o seu entorno lle está pedindo. É, pois, unha percepción subxectiva, é dicir, a persoa evalúa a situación e as súas capacidades, e é a súa opinión e non a realidade o que importa para ela. Por iso, ningunha situación é estresante por si mesma, senón que depende da valoración que lle deamos cada un/ha de nós.

Leer más...
 
O ACOSO ESCOLAR

Trátase de conductas que teñen que ver ca intimidación, tiranización, illamento, ameaza, insultos, sobre unha víctima señalada.
A veces é un individuo o que fai o "bullying" ou un grupo. O máis importante non é a acción en si mesma, senón os efectos que produce nas víctimas. Por tanto, estas situacións de acoso, intimidación ou victimización son aquelas nas que o alumno/a está exposto/a de forma repetida e durante un tempo, a accións negativas que levan a cabo outro/os compañeiros/as.

Leer más...
 
¿QUÉ É A FIBROMIALXIA?

A fibromialxia é unha enfermidade reumática crónica caracterizada por dores músculo – esqueléticos xeneralizados e fatiga, a palabra fibromialxia significa “dor nos músculos, ligamentos e tendóns” (partes fibrosas do corpo).
As persoas aqueixadas de fibromialxia din que “lles doe todo”. Notan os seus músculos fortemente doridos, acompañado dunha sensación de quemaizón ou fatiga muscular.

Leer más...
 
¡COIDADO COA INFORMACIÓN!

Cada vez que calquera persoa lea un artigo, escoite a outro/a, etc., sobre calquera tema referente á saúde psicolóxica (por exemplo: sobre a depresión, drogas, educación dos fillos/as...) debe interpreta-lo con moita cautela porque, ou ben

Leer más...