Escudo Concello de Ordes
CONCELLO
SAUDO DO ALCALDE
saudo-alcalde
   

           Vivimos nunha sociedade cambiante, onde é necesaria unha continua adaptación dos nosos costumes e modos de vida aos cambios que a diario se nos van plantexando.

           Todo isto é sinónimo dunha sociedade viva, dinámica, aberta; que camiña con paso firme cara o futuro. Nese camiño de progreso debe de ter cabida Ordes.

           Neste senso, os servizos que se prestan dende a Administración Local deben estar adaptados aos novos tempos. Este é o propósito desta nova páxina web.

           Unha páxina funcional, estructurada, accesible, dinámica e interactiva; que pretende ser unha ferramenta útil para que a cidadanía poida coñecer de primeira man e en calquera momento toda a información relativa ao Concello de Ordes e aos servizos que dende el se prestan.

           Paulatinamente, esta nova páxina web ofrecerá a posibilidade de realizar trámites e consultas administrativas que faciliten, na medida do posible, o acceso dos veciños e veciñas á Casa do Concello.

           Finalmente dicir que é unha decidida aposta deste novo goberno achegar as novas tecnoloxías á cidadanía de Ordes.

           Anímovos a que empreguedes esta ferramenta útil de consulta para poder coñecer todas as posibilidades que un pobo hospitalario e aberto como Ordes pode ofrecer.

ORDES, SEMPRE AVANZANDO.

Un saúdo do voso alcalde,

 
escudo
 
D. Manuel Regos Boquete
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla