|
Durante a Idade Media a maioría dos municipios que compoñen a comarca pertenceron o antigo Condado de Trastámara.
O castelo de Mesía, construído no século XII, e un claro exemplo do discurrir da historia. No ano 1467 pertenceu a Gómez Pérez da Mariñas, é destruída nas revoltas irmandiñas. Tras quedar abandoado faise con el o arzobispo Alonso de Fonseca. Os cabaleiros galegos, coaligados, derrotaron na batalla de Altamira ás forzas episcopales e tomaron o castelo. Posteriormente volveu a pertencer a Mitra que no 1523 aínda estaba na súa pacífica posesión.
Nos tempos do antigo réxime, o agora Concello de Ordes, tiña as súas parroquias distribuidas entre as xurisdiccións de Mesía e Folgoso, e o couto redondo de Faramilláns, na provincia de Santiago.
Os primeiros Concellos constitucionais.
Neste período, e no que hoxe é concello de Ordes e o séu término, figuran dous axuntamentos constitucionais de Poulo e Folgoso, pertencendo os dous o partido de Poulo.
Os dous axuntamentos de Poulo e Folgoso, seguen dependendo do partido de Poulo, cando se fai a comenzos do 1822 a división de Galicia en catro provincias.
A división municipal do R.D. do 23 de Xullo de 1835.
Cando se fai a modificación da división xudicial no ano 1834, a partido xudicial de Poulo, pasa a chamarse de Ordes. Co R.D. do 23 de Xullo de 1835 dáselle un forte empurrón a formación de axuntamentos na provincia da Coruña, este proxecto e publicado no BOPCO, Nº 117 do 27 de abril de 1836, neste proxecto aparece o axuntamento de Ordes, cunha parroquia menos das que logo terá.
O proxecto foi levado a sesión da deputación da Coruña, do 6 de xuño de 1836, e nela foi modificado pasando a formar parte do axuntamento de Ordes a parroquia de San Pedro de Ardemil.
No ano 1836 o Concello de Ordes tiña unha superficie de 160,1 km² e unha poboación de 4.190 habitantes, que pasaron a ser 7.260 no ano 1900; 8.205 no ano 1930; 10.450 no ano 1950; 11.676 no ano 1986 e 12.431 na actualidade.
Adscricións.
Nos tempos do antigo réxime pertencía a provincia de Santiago. O promulgarse a Constitución de 1812, pasa a integrar parte da provincia única de Galicia. Despois da división territorial acordada entre o 27 de xaneiro de 1822 e o 30 de novembro de 1833, Ordes queda adscrito a provincia nova da Coruña. O facerse a distribución de Galicia en partidos xudiciais, pola diputación o 3 de marzo de 1820, o término de Ordes pasa a formar parte do partido xudicial de Poulo. Ordes pasa a ser capital do partido xudicial do seu nome tras a reforma levada a cabo ca publicación do R.D. de 21 de abril de 1834. Esta situación mantense ata o Decreto 3388/1965 do 11 de novembro, que disolve o partido xudicial, pasando a formar parte do partido xudicial de Santiago. Na actualidade ca nova lei 38/1988, do 28 de decembro, volve a ser reposto o partido xudicial de Ordes, que ten a Ordes por capital.
|