|
PRESENTACIÓN
A Escola Infantil Municipal, (EIM) “Sorrisos”, é un recurso de carácter municipal que comeza a súa andaina no curso 2006-2007.
O centro é un servizo educativo para a atención á infancia, que nace do dereito d@ nen@ á educación e ó desenvolvemento integral da súa personalidade, nun ambiente axeitado ás súas necesidades, en condicións de igualdade, liberdade e dignidade e en contacto con outr@s nen@s.É un servizo especializado de ámbito local, público e social:- Especializado porque dispón dun equipamento técnico e material específico para atender á poboación infantil- Público porque a titularidade é do Concello de Ordes- Social porque pretende ser un apoio ás familias do concello que teñen que facer frente ó mercado de traballo coa dificultade engadida de estar ó coidado de menores, priorizando aquelas que se atopan en situación de desventaxe social.
PERSOAL.
EDUCADORAS:
- Salomé Suárez Rodríguez
- Luz González Rodríguez
- Olga Mª Sande Couselo
- Alba Noya Juncal
- Mª Teresa Iglesias Leis
- Tania Souto Boquete
AUXILIARES:
- Mª Isabel Areoso Rodríguez
- Mª Carmen Iglesias Campos
COCIÑA:
LIMPEZA:
- Florinda Viqueira Vázquez
ENDEREZO
Escola Infantil Municipal Sorrisos
Polígono Industrial de Merelle, parcelas 51-52 ( O lado do Parque de Bombeiros).
15680 Ordes.
volver
IDEARIO
O ideario da escola é a nosa forma particular de entender e facer a educación infantil. Son os obxectivos que nos propoñemos como escola.Así pois na nosa escola plantexámonos os seguintes obxectivos xerais:
• Promover e fomentar o desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral d@s nen@s.
• Servir de medida de apoio á unidade de convivencia e facilitar, polo tanto, a conciliación da vida familiar e laboral.
Ademais, plantexámonos os seguintes obxectivos específicos:
• Facilitar o desevolvemento n@s nen@s con respecto ás seguintes capacidades, valores e actitudes:
o Coñecemento do seu corpo e posibilidades de acción.
o Favorecer as relacións cos demais a través de distintas formas de expresión e comunicación.
o Observar e explorar o seu entorno natural, familiar e social.
o Fomentar valores individuais e sociais básicos: igualdade de oportunidades, comprensión, tolerancia, solidaridade, coeducación, integración e respeto ós demáis, cooperación, respeto ó entorno próximo, educación para a paz, etc.
• Promover a comunicación e a participación activa da comunidade e a familia na escola.
• Prestar especial atención á diversidade d@s alumn@s, respetando as diferencias que existen entre eles, tanto físicas e intelectuais como culturais, facilitando a súa integración.
• Facilitar a correcta adaptación para a futura incorporación á escola. A lingua utilizada na escola será a lingua materna d@s nen@s, promovendo o uso da lingua galega.
volver
CARACTERÍSTICAS DA ESCOLA
INFORMACIÓN
PARA AS FAMILIAS
Esta
escola pretende ser unha axuda ás familias para conciliar a vida
laboral e familiar e tamén un apoio no coidado e educación dos/as
nenos/as dende as primeiras idades tratando de desenvolver
harmónicamente todas as súas capacidades.
O
centro dispón de 74
prazas
destinadas ó Primeiro Ciclo de Educación Infantil (de 0 a 3 anos )
e conta con 5
unidades
distribuidas da seguinte maneira:
|
Unidade
de 0-1 anos
|
Unidades
de 1-2 anos
|
Unidades
2-3 anos
|
|
Aula
1: 8 nenos/as
|
Aula
1: 13 nenos/as
Aula
2: 13 nenos/as
|
Aula
1: 20 nenos/as
Aula
2: 20 nenos/as
|
Enderezo:
A escola ubícase no Polígono
Industrial de Merelle, parcelas 51-52
(ó lado do Parque de Bombeiros)
Horario:
O horario
de funcionamento
é de 14 horas diarias, de
luns a venres, de 7:00 a 21:00.
volver
SERVIZOS QUE OFRECE
A escola ofrece un servizo cunha función tanto social de axuda ó medio familiar (conciliación da vida familiar e laboral) e unha función educativa, xa que o traballo na escola permitirá desenvolver as capacidades d@s nen@s, nos ámbitos físico, intelectual, afectivo, social e moral.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
-
Servizo de comedor (almorzo, xantar e merenda).
Este servizo, prestado por persoal da propia escola, inclúe almorzo, xantar e merenda. No tablón de anuncios exporase semanalmente a relación dos menús previstos, os cales proporcionan unha dieta equilibrada e axeitada ás idades d@s nen@s. Estes menús están confeccionados tomando como referencia as recomendacións dos profesionais da Pediatría Rafael Tojo Sierra (Catedrático de Pediatría – Hospital Clínico Universitario. Universidade de Santiago de Compostela) e Rosaura Leis Trabazo (Profesora Titular de Pediatría – Hospital Clínico Universitario. Universidade de Santiago de Compostela) na súa publicación Menús saudables no comedor escolar (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria – Xunta de Galicia).
-
Horario Amplo
Refírese á atención @s nen@s por parte da escola durante ata 10 horas diarias ininterrompidas. Non obstante, evitarase por parte de tod@s que @ nen@ prolongue a súa estadía no centro máis de 8 horas diarias, agás que circunstancias excepcionais, que deberán en todo caso xustificarse, o determinen.
|
-
“Escola Infantil de verán” nos meses de Xullo e Agosto.
|
-
Dispón de unha sala de xogos interior e un patio exterior para que os máis cativ@s poidan xogar e disfrutar.
|
|
|
|
|
|
|
|
ACTIVIDADES
Éstas son algunhas das actividades que realizaremos nas tardes de MAIO e XUÑO:
-
Os luns: ANIMACIÓN Á LECTURA: Contaremos divertidos contos e realizaremos diferentes actividades sobre as súas personaxes e as súas historias: puzzles, figuras con globos, títeres, disfraces...
-
Os martes: INGLÉS: Coñeceremos á mascota Robby, cantaremos cancións: “Hello”, “Bye-bye” “My red ball”, faremos xogos, etc.
-
Os mércores: MÚSICA: Cancións, Danzas do mundo, Instrumentos, Audicións: “O Carnaval dos Animais”, faremos unha orquestra, etc
-
Os xoves: MANUALIDADES: Unha culebriña con vasos de iogur, barquiños con cáscaras de noces, bolos, as plumas dos Indios, Etc.
-
Os venres: XOGOS: Con aros, con pelotas, con follas de xornais, con sillas, “xogamos as ser cociñeir@s”, faremos unha Xinkana, “xogamos a ser indi@s”, faremos unha feira recreativa…
volver
|
| COTAS
-
O
prezo por asistencia é de 160,00 euros/mes (8 horas/día) ou 80,00
euros/mes (4 horas/día).
-
Os
prezos por servicios complementarios son:
-
Comedor:
70 €/mes ou 4€ dias soltos
-
Almorzo
e merenda:2€/día/servizo
-
Escola
infantil de Verán (durante os meses de xullo e agosto ofertaranse
as prazas que estean vacantes nese momento)
-
Horas
extraordinarias de carácter excepcional: 20€
Estes
prezos poden verse modificados á baixa dependendo da Renda per
Cápita da familia.
Ademais,
sobre o prezo que resulta de aplicar as reduccións do punto
anterior, segundo as circunstancias familiares aplicaranse os
seguintes descontos, que non son acumulables entre si:
-
Nenos/as
pertencentes a familias, desconto dun 20%.
-
Nenos/as
pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20%.
-
Cando
asistan varios irmáns, o segundo e sucesivos erán un desconto do
20%.
volver
INSCRICIÓN
SOLICITUDE DE NOVO INGRESO / RESERVA DE PRAZA NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “SORRISOS” (248.14 Kb)
Para
solicitar praza, deberán recoller o impreso de solicitude na propia
escola ou no concello, e acompañalo
da seguinte documentación:
-
Fotocopia
cotexada do documento nacional de identidade da nai, pai e, se é o
caso, dos representantes legais.
-
Xustificante
de ingresos: pderán asinar unha autorización de consulta dos datos
económicos familiares na Axencia Tributario ou ben presentar:
xustificante da declaración do irpf das persoas físicas da unidade
familiar (ano 20102008). en caso de declaracións individuais, copia
de cada persoa da unidade familiar obrigada a declarar.; certificado
do inem do/da pai/nai no caso de estar en desemprego. certificado do
inem do/da pai/nai de prestacións (conforme a percibiu ou non no
ano 2010); copia de certificados de pensións de membros da unidade
familiar (se procede) ou calquera outra documentación na que
consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no
baremo.
-
Informe
do equipo de valoración e orientación das delegacións provinciais
da vicepresidencia da igualdade e do benestar, servizos
especializados de atención temperá da administración local ou
autonómica, ou órganos competentes na materia na administración
do estado ou nas correspondentes comunidades autónomas, sobre a
necesidade de integración no caso de nenos con discapacidades.
-
Documentación
acreditativa de incidencias tales como separación do cónxuxe,
abandono do fogar, maltrato, etc.
As
solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello en
horario de oficina (9:00-14:00 h). De luns a venres.
volver
FOTOS
|
|
volver
|
|