|
Un 42.09% da poboación activa dedícase ó sector primario.
Polo que respecta ás actividades industriais concentradas no núcleo de Ordes, destaca o subsector téxtil tanto polo volume de facturación como polos postos de traballo xerados. Tamén destacan as empresas de transformados metálicos e carpinterías de aluminio.
Fora do núcleo urbán destaca o subsector da cerámica en Mesía e a explotación da mina de lignito na central térmica de Meirama.
EQUAL
Proxecto de desenrolo e emprego local.
Destinatarios:
. Persoas que de forma individual, necesitan retornar ou acceder ó mercado de traballo, e que se atopan con problemas para conciliar a súa vida profesional e a súa vida familiar.
. Familias onde incide este problema moi directamente, así como na falta de servicios que faciliten estas situacións.
. Empresas de familiares (Pymes), pola súa condición facilitan situacións de este tipo.
. Empresas locais, que pola súa capacidade de contratación estean vinculadas con este tipo de situacións, son pois indispensables para propiciar os fins do proxecto.
Actuacións.
1. Promover novas iniciativas empresariais, onde a organización do traballo se estructure e articule de forma flexible.
2. Favorecer a flexibilidade do traballo das empresas xa existentes.
ECONOMÍA E TRABALLO LOCAL EN ORDES:
Actualmente, a situación económica está representada por distintos sectores productivos que facilitan o desenrolo económico do municipio; no ámbito rural, podemos diferenciar unha economía de subsistencia en actividades agropecuarias en zonas onde os procesos de concentración parcelaria non finalizaron, impedindo un desenrolo do sector. En zonas onde este proceso finalizou, produciuse unha modernización e mecanización das explotacións gandeiras, converténdose en actividades rentables; ademáis de fomentarse o cooperativismo entre algunhas, para chegar á comercialización dos seus propios productos,básicamente leite.
A riqueza forestal existente facilitou o lanzamento dunha pequena industria de transformación madeireira na comarca (serradeiros), que se viron mermados por unha potenciación de explotacións gandeiras que ocuparon ditas extensións; e en outras zonas, debido a unha lentitude no proceso de concentración parcelaria que impide a dinamización de dito sector.
A industria viuse favorecida pola concentración da poboación no entorno urbán, buscando novas e mellores alternativas laborais; como pioneira a industria téxtil facilitou a incorporación da muller ó traballo, ocasionando un desenrolo e profesionalización no sector, creándose así os cimentos dunha potencia empresarial na comarca.
O crecemento dunha empresa do sector, tivo como consecuencia, o xurdimento de numerosas pequenas empresas (talleres téxtiles e cooperativas ) que hoxe por hoxe, acadan unha dimensión importante na representatividade económica de Ordes, tanto en volume de facturación, producción como man de obra.
O incremento do número de habitantes no casco urbán, facilitou o aumento de pequenas industrias que absorben certa parte do emprego local ( industria mecánica e reparación, marmoreiras, talleres de carpintería e transformación, etc.) constituído maioritariamente polo colectivo masculino; a iso contribuíu, a creación de un Parque Empresarial no que se instalaron todo tipo sectores empresariais (téxtil, transformación, mecánica e automoción.
Dada a situación estratéxica da comarca, o intercambio económico de algunhas empresas co exterior experimentou un importante crecemento nos últimos años, por parte de empresas punteiras no sector téxtil cara a países de Europa , América e Xapón fundamentalmente, que ademais importan a materia prima basicamente de Italia, a tecnoloxía e maquinaria de países como Xapón e Alemania, constituíndo un fluxo comercial importante e continuo. Outra parte de industria que realiza intercambios comerciais co estranxeiro e representativa da comarca constitúena empresas adicadas á fabricación e comercialización dirixindo as súas relacións comerciais de exportación cara E.E.U.U, países árabes e toda Europa; e as súas importacións proceden na súa maioría de países europeos.
Dispón a industria ordense de un equipamento productivo e comercial de importancia sobre todo no caso da industria téxtil; logrando un posicionamento destacado no mercado a nivel nacional e internacional; debido en gran parte o desenrolo das novas tecnoloxías aplicadas á maquinaria: Cotton, Circular, Rectilínea, etc; aplicacións informáticas na área de deseño e sistemas de comunicacións. En cuanto á actividade de comercialización, cobren mercados nacionais e internacionais a través dos axentes comerciais; ademais da súa propia rede comercial en tendas con marcas propias en distintos puntos nacionais e tendas na fábrica.
Ademais destas empresas xa consolidadas, existe un volume importante de pequenas empresas téxtiles con inquedanzas empresariais de crecemento e apertura cara outros países, seguindo as pautas de empresas pioneiras no sector ; o que ocasiona unha forte demanda pola súa parte, de profesionalización dos seus traballadores, e novas vías de traballo : rede de comercialización, innovación na producción-fabricación, modernización en deseño o desenrolo das novas tecnoloxías na infraestructura.
O sector servicios viuse máis desenrolado no entorno urbán, como resposta ás necesidades xurdidas na poboación; podendo encontrar preferentemente servicios de hostalería e Restauración, actividades comerciais, de construcción, transporte de mercancías e servicios profesionais, rexentados na súa maioría por empresarios autónomos, que proporcionan parte do emprego local existente.
Un expoñente moi significativo da economía comarcal foi a celebración anual da feira EXPOFEGASA, ideada nos seus inicios como una feira – exposición de maquinaria agrícola e mostra de gando selecto; mentres que na actualidade, podemos considerala como una feira-exposición multisectorial (gandeira, servicios, artesán, automoción, productos típicos, etc.) destacando sobre todo el papel de la industria téxtil nos últimos tempos.
|