Escudo Concello de Ordes
Empresas
INDUSTRIA TEXTIL DE ORDES

A industria viuse favorecida pola concentración da poboación no entorno urbán buscando novas e mellores alternativas laborais. Como pioneira, a industria textil facilitou a incorporación da muller ao traballo, ocasionando un desenvolvemento e profesionalización no sector, creándose así os cimentos dunha potencia empresarial na comarca.

O crecemento dunha empresa do sector tivo como consecuencia a aparición de numerosas pequenas empresas como talleres textiles e cooperativas, que hoxe en día acadan unha dimensión importante na representatividade económica de Ordes , tanto en volume de facturación como de produción e man de obra.

O incremento do número de habitantes no centro urbán facilitou o aumento de pequenas industrias que absorben certa parte do emprego local, (industria mecánica e reparación, marmolerías, talleres de carpintería, transformación e outros), constituído maioritariamente polo colectivo masculino. A isto contribuíu a creación dun parque empresarial no que se instalaron diversos sectores empresariais ( textil, transformación, mecánica, automoción, entre outros). O sector servizos viuse máis desenvolto no entorno urbán, como resposta ás necesidades xurdidas na poboación , podendo atopar preferentemente servizos de hostalería e restauración, actividades comerciais, de construción, transporte de mercadorías e servizos profesionais, rexentados na súa maioría por empresarios autónomos, que proporcionan parte do emprego local existente.

A industria téxtil de Ordes, atópase representada por un número importante de empresas dedicadas ós distintos sectores dentro do mundo da fabricación industrial e a moda (industria auxiliar ou talleres de fabricación téxtil, e media empresa dedicada á fabricación-comercialización), contando cunha man de obra cualificada e de gran experiencia, pola tradición do sector na economía local.

Número empresas: 60-75

Sectores:

1. Confección en Prendas de Punto ( home, muller, neno)
2. Confección en tea (home, muller , neno)
3. Confección en Prendas de Pel ( home-muller)

 
EMPRESAS

LISTADO DE EMPRESAS DO SECTOR TÉXTIL:

  1. VIRIATO S.A. : Rúa do Piñeiro, s/n 15.680 Ordes (A Coruña)
  2. MASLAMAS S.L.: O Conde, 25 15.680 Ordes (A Coruña)
  3. CASTMAR S.L.: Alfonso Senra, 4 Ordes (A Coruña)
  4. CONFECCIONES BOUZAS: rúa da Quenlla, nº 6, Mesón do Vento, Ordes (A Coruña)
  5. CONFECCIONES DEUS S.L.: Parque empresarial, 3, Ordes (A Coruña)
  6. CONFECMILA S.L.: Alfonso Senra, nº 36, Ordes (A Coruña)
  7. COSURONA S.L.:Eduardo Pondal,nº7, Ordes (A Coruña)
  8. CIBEGAMA S.C.L.: Rúa do Recreo, nº 24, Ordes, (A Coruña)
  9. CREACIONES ESTIPEL S.L.: Rúa Casabella, nº 9-11, Ordes (A Coruña)
  10. DORAVER S.L.: Pascual Veiga, s/n, Ordes (A Coruña)
  11. GRAFA TÉXTIL: Rúa Mediodía, nº 30, Ordes (A Coruña)
  12. NASEMEN S.L.: Vilamaior, s/n, Ordes (A Coruña)
  13. SENLA PUNTO S.L.: Pascual Veiga, nº 9, Ordes (A Coruña)
  14. TÉXTIL ELVI S.L.: Parque empresarial, parc 12, Ordes (A Coruña)
  15. TÉXTIL FIGUEIRA S.L.: Rúa da Canteira, nº 8, Ordes (A Coruña)
  16. TÉXTIL MOURIÑO S.L.: Emilia Pardo Bazán,nº 14 bx, Ordes (A Coruña)
  17. TEXTILMENDO S.L.: Rúa Paraíso, s/n, Ordes (A Coruña)
  18. TÉXTIL ORDES S.L.: Rúa Mediodía,nº6
  19. CONFECCIONES FRAGA S.L.: Rúa da Canteira, nº2, Ordes (A Coruña)
  20. CONFECCIONES FURELOS S.L.: Lg Coruxo, Merelle, s/n, Ordes (A Coruña)
  21. M.B.L., S.L.: Alfonso Senra, 34-36 Ordes (A Coruña)