Escudo Concello de Ordes
PISCINA MUNICIPAL "IVAN RAÑA FUENTES". TEMPADA 2012
XERAL:
  • Queda prohibida a entrada de animais na instalación, excepto cans guía.
  • Prohíbese abandonar desperdicios dentro do recinto da instalación, debendo empregar as papeleiras e outros recipientes destinados para elo.
  • Todo usuario está obrigado a velar polo bo estado e conservación das instalacións e servizos, advertindo ós empregados cando observen anomalías nas instalacións e no material das mesmas.
  • Os usuarios abandonarán os diferentes espazos e servizos 30 minutos antes do peche da instalación.
  • A cota de matrícula, a primeira mensualidade e os cursos pagaranse en efectivo. Os seguintes pagos, por motivos de axilidade administrativa, faranse por domiciliación bancaria, con carácter mensual ó comezo de cada mes. Pódese, non obstante, facer o pago en efectivo con carácter semestral.
  • Cando o recibo de un/a abonado/a é devolto pola entidade bancaria, o interesado/a deberá pagalo en efectivo na administración da instalación.
  • Tódalas persoas que non abonen as respectivas cotas, non poderán acceder á instalación.
  • O carné é persoal e intransferible e a perda ou extravío suporá o abono da tarifa correspondente para emitir un duplicado (3.75 €).
  • No caso de perda do carné ou dunha chave da taquilla deberá notificarse na administración.
  • Nos abonos familiares, ó cumprir 18 anos os/as fillos/as pasarán á categoría individual se non se solicita a baixa con anterioridade.
  • Para darse de baixa como abonado notificarase por escrito nas oficinas da instalación co correspondente formulario ou mediante fax antes do día 20 do mes anterior ó que desexa causar baixa. De non facerse así perderase o dereito a devolución dos recibos xa tramitados.
  • Aquelas persoas que xa foran abonadas, causando baixa, e desexen novamente formalizala inscrición, deberán estar ó corrente do pago das súas cotas mensuais.
  • Para calquera modificación dos datos persoais (dirección, teléfono, …) ou ben nos seus datos bancarios, deberán notificalo por escrito na administración da instalación antes do día 20 do mes anterior ó que se desexa realiza-lo cambio.
  • O/a  abonado/a,  con  calquera   modalidade  de  abono,  poderá acollerse a unha baixa temporal dunha duración máxima de 6 meses naqueles casos que se presente un xustificante polas seguintes causas: embarazo, desprazamento por estudios ou traballo e intervención cirúrxica. Durante o tempo de duración da baixa deberá abonarse unha cota de mantemento de carácter mensual (6,06 €). O pago desta cota non da dereito a utilización da instalación. No caso do abono familiar e familia numerosa, a prohibición de acceso durante o tempo  de baixa temporal afecta a tódolos membros inscritos no abono. No momento que desexe volver a súa cota anterior deberá comunicalo por escrito en administración.  
  • O feito de darse de baixa implica a perda da cota da matrícula.
  • No momento de notificar a baixa, se o/a abonado/a posúe un abono familiar deberá especificar que membros da unidade causan a baixa.
  • As cotas actualizaranse cada ano de acordo cas directrices municipais do Concello de Ordes.
  • A dirección da Piscina Municipal de Ordes resérvase a facultade de suspender ou modificar as actividades e os horarios nas situacións que así o aconsellen, comunicando esta circunstancia ó Concello de Ordes e ós usuarios ó través do taboleiro de anuncios.
  • A instalación non se fará responsable da perda ou sustracción de obxectos persoais. Por iso aconséllase non acudir á instalación con obxectos de valor.
  • Os/as usuarios/as manterán a limpeza e a orde de toda a instalación, do equipamento e do material deportivo.
  • Non se permite fumar na instalación, ximnasio, vestiarios e salas anexas, segundo Lei  42/2010, pola que se establecen as normas de protección da saúde.
  • O acceso á instalación realizarase mediante a identificación oportuna, respectando os horarios establecidos e a instalación asignada. En calquera momento o persoal da instalación poderá requirir a presentación da identificación ós usuarios.
  • Respectar os carteis indicadores, son de axuda e recordatorio para tódolos usuarios.
  • Existirá un caixón de reclamacións/propostas do/a usuario/a para que poidan dirixir as súas queixas, críticas ou propostas acerca do funcionamento da instalación.
  • Observarase o cumprimento das normativas xerais de uso e de aquelas outras normas particulares e instruccións que dicte a dirección por sé ou a través do persoal da instalación. O incumprimento destas normas será posto en coñecemento do Concello de Ordes por si procede a baixa como usuario.
  • A dirección da instalación, de acordo co Concello de Ordes, resérvase o dereito de admisión.
  • Está expresamente prohibido todo comportamento antisocial dos usuarios co persoal da instalación coma co resto de usuarios. Esta actitude pode conlevar a expulsión inmediata da instalación do usuario infractor e iniciarse un procedemento sancionador.
VESTIARIOS:
  • Recoméndase utiliza-los vestiarios coa maior rapidez posible.
  • Na ducha a utilización moderada da auga é un beneficio para todos.
  • É obrigatorio o uso de chanclas.
  • As taquillas son de uso puntual: so esta permitida o seu uso durante a permanencia na instalación. A chave de acceso non deberá abandonar baixo ningún concepto a instalación.
  • Diariamente abriranse e baleiraranse tódalas taquillas ó peche da instalación. A dirección non se fai responsable dos obxectos alí almacenados.
  • As taquillas no son caixas de seguridade polo que a dirección non se fai responsable da perda ou sustracción dos obxectos alí almacenados.  
  • No caso de perda dunha chave da taquilla deberá notificarse na administración.
  • Non está permitido:
    • Comer e/ou beber en toda a zona de vestiarios.
    • O acceso á zona de duchas con calzado de rúa.
    • Afeitarse, depilarse, tinguirse… ou outras accións de hixiene persoal.
    • O uso de cámaras de fotos e vídeo.
    • Xogar nos vestiarios e nas inmediacións da zona de baño.
SAUNA:
  • É imprescindible ducharse e secarse antes de entrar.
  • No interior empregar unha toalla para sentarse, así como zapatillas de baño.
  • Procure non acceder con obxectos metálicos, lentes de contacto, anteollos, etc.
  • Non derrame ningún tipo de líquido nas resistencias nin no interior do recinto, aínda que éste esté indicado para elo.
  • Recoméndase un tempo de estancia máximo de entre 10 e 15 minutos a unha temperatura de entre 80 e 90 graos.
  • As persoas que padecen hipertensión, hipotensión, cardiopatías, varices ou mala circulación, non deberán utilizala sauna.
  • Respectar os carteis indicadores, son de axuda e recordatorio para tódolos usuarios.
  • Non está permitido:
    • O acceso a menores de 18 anos.
    • Espirse ou vestirse, afeitarse, depilarse, tinguirse, etc. ou outras accións de hixiene persoal.
    • Comer e/ou beber.
    • Acceder con zapatos de rúa.
    • Acceder con teléfonos móbiles ou aparatos de radio.
VASO DA PISCINA
  • O acceso ó vaso da piscina realizarase mediante a identificación oportuna, respectando os horarios establecidos e á instalación asignada. En calquera momento o persoal da instalación poderá requirir a presentación da identificación ós usuarios.
  • O aforo máximo é de 104 bañistas.
  • É obrigatorio nadar circulando sempre pola dereita.
  • É obrigatorio ducharse antes do baño na piscina.
  • É obrigatorio o uso de traxe de baño, gorro e chanclas.
  • Respectarase en todo momento a rúa destinada a cada actividade.Os usuarios deberán seguir en todo momento as instruccións dictadas polo/a socorrista.
  • Os/as menores de 12 anos estarán acompañados/as dun adulto durante o uso libre da instalación.
  • As persoas que  padezan algunha doenza que conleve risco, deberá notifica-lo na folla de inscrición e así mesmo informar ó socorrista cada vez que entre no vaso.
  • As persoas que padezan algunha enfermidade infectocontaxiosa non poderán acceder ó vaso en tanto persista a mesma.
  • Non está permitido:
    • Entrar en zona de baño con roupa e calzado de rúa, así como comer, beber ou mascar chicle.
    • Mexar nin cuspir dentro do vaso, por motivos de hixiene.
    • Correr pola praia da piscina nin saltar a auga de cabeza.
    • Acceder con teléfonos móbiles, cámaras de foto ou vídeo.
    • Lanzarse a auga dende os laterais nin sentarse nas corcheiras, por seguridade.
    • Acceder ó vaso con maquillaxes, cremas ou apósitos de calquera tipo.
    • O emprego de colchóns, flotadores, aletas, gafas de cristal ou calquera elemento de risco para os usuarios, salvo indicación do/a monitor/a en momentos puntuais.
SALA DE AERÓBIC:
  • O acceso á sala de aeróbic realizarase mediante a identificación oportuna, respectando os horarios establecidos e á instalación asignada. En calquera momento o persoal da instalación poderá requirir a presentación da identificación ós usuarios. Fora de horario non se pode acceder nin permanecer na sala.
  • Por motivos de hixiene, é obrigatorio o uso da toalla.
  • Non se lles permite a entrada nin a utilización do material a menores de 16 anos salvo nas horas dedicadas a aeróbic infantil.
  • Despois de utiliza-lo material, este deberá ser colocado no seu lugar habitual (steps, pesas, gomas, etc.)
  • A dirección da instalación non se fai responsable do uso incorrecto do material deportivo (steps, gomas, picas, pesas, etc.), advertíndose ós/ás usuarios/as que poden ocorrer accidentes por unha inadecuada manipulación. No caso de ter algunha dúbida, pregámoslles que consulten co/a monitor/a.
  • Non está permitido:
    • A entrada na sala 10 minutos mais tarde do comezo da actividade e non se poderá sair antes da súa finalización.
    • Introducir roupa ou mochilas na sala.
    • O acceso en chanclas e traxe de baño.Deberase asistir co calzado axeitado e con vestimenta deportiva; non se pode entrar con calzado de rúa.
    • O uso de cámaras de fotos e vídeo.
SALA CARDIOVASCULAR E DE MUSCULACIÓN:
  • O acceso á sala cardiovascular e de musculación realizarase mediante a identificación oportuna, respectando os horarios establecidos e á instalación asignada. En calquera momento o persoal da instalación poderá requirir a presentación da identificación ós usuarios.
  • Non se lles permite a entrada nin a utilización do material a menores de 16 anos.As persoas con idades comprendidas entre 16 e 18 anos deben ter unha autorización por escrito do seu titor/a.
  • Por motivos de hixiene, recomendase o uso da toalla para a utilización dos aparatos e seca-las máquinas despois do seu uso.
  • Deberase asistir á sala co calzado axeitado e con vestimenta deportiva (non utilizar chancletas); non se pode entrar na sala con calzado da rúa.
  • Nos tempos de descaso o/a usuario/a debe desaloxa-la máquina ó remata-la serie para que outros/as poidan utilizala mentres tanto.
  • Despois de utiliza-lo material, este deberá ser colocado no seu sitio (discos, mancornas, etc.)
  • Para evitar que saian durezas nas mans, é recomendable utilizar luvas.
  • Antes de iniciar calquera táboa de exercicios ou adestramento no ximnasio, recoméndase consultar co/a monitor/a.
  • A dirección da instalación non se fai responsable do uso incorrecto das máquinas, advertíndolle ós/ás usuarios/as que poden ocorrer accidentes por unha inadecuada manipulación destas. No caso de ter algunha dúbida, pregámoslles que consulten co/a monitor/a.
  • Non está permitido:
    • O uso de cámaras de fotos e vídeo.
    • Introducir roupa ou mochilas na sala.
    • O acceso con roupa e calzado de rúa.
    • O acceso en chanclas e traxe de baño.
    • O acceso co torso espido.

HORARIO DE FUNCIONAMENTO DA INSTALACIÓN:

DÍA

HORARIO

Luns a sábado

8:00 a 14 horas e de 16 a 23:00 horas

Domingo

10:30 a 13:00 horas

HORARIO DAS ACTIVIDADES DO COMPLEXO DEPORTIVO:

AERÓBIC

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES 

 

10.30 a 11.20 Step

 

10.30 a 11.20
Aeróbic

 10.30 a 11.20
Interval

20.00 a 20.50 Aeróbic

 

22.00 a 22.50
Aeróbic

21.00 a 22.30 Cardio-box 

20.00 a 20.50
Tonificación

 

22.00 a 22.50
Tonificación

21.30 a 22.20
Aero-step

20.00 a 20.50
Step

 

21.00 a 22.30 Cardio-box


AERÓBIC INFANTIL

MÉRCORES DE 19.00 A 19.45 (de 6 a 16 anos)

VENRES DE 19.00 A 19.45 (de 6 a 16 anos)

 

AQUAGYM

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

11.30 a 12.15

 

11.30 a 12.15

11.30 a 12.15

21.00 a 21.45

 

21.00 a 21.45

 

21.00 a 21.45

 

STRETCHING

MAÑÁ

LUNS

11.00 A 11.45

MÉRCORES

11.00 A 11.45

VENRES

11.30 A 12.15

TARDE

LUNS

18.00 A 18.45

MERCORES

18.00 A 18.45

 

  ACONDICIONAMENTO FISICO SENIOR (AFS)

LUNS

10.00 A 10.45

MERCORES

10.00 A 10.45

 

HORARIO MONITOR/A DO XIMNASIO

CONSULTAR NA INSTALACIÓN

ENTRADA PUNTUAL

MODALIDADE

PREZO €UROS

Menores de 18 anos

  2,50 €

DE 19 A 64 ANOS

  4 €

MAIORES DE 65 ANOS

  2,50 €

MODALIDADES DE ABONO E TARIFAS

MODALIDADE PREZOS CONDICIONS

ABONO DE MAÑA

  12 € / MES

Pódese utiliza-la instalación de luns a venres en horario de 8,00 a 13,00 horas, beneficiándose dos descontos para abonados nos cursos que se fagan nese horario.

ABONO TERCEIRA  IDADE

15,50 € / MES

Persoa maior de 65 anos que utiliza a instalación durante todo o  horario de apertura, sen ningunha clase de limitación.  

ABONO INDIVIDUAL

  23,50 €  / MES

Pódese utiliza-la instalación durante todo o horario de apertura sen ningunha clase de limitación. 

ABONO INDIVIDUAL

 MENOR DE 18 ANOS

  12 €  / MES

Pódese utiliza-la instalación durante todo o horario de apertura excepto o servicio de sauna.

ABONO FAMILIAR

  31 € / MES

Matrimonio ou parella de feito legalmente recoñecida que usa a instalación durante todo o horario de apertura sen ningunha clase de limitación. Os fillos poden utiliza-la instalación co pago dos seguintes suplementos:
  •  Menores de 6 anos 0 €

  • De 7 a 18 anos 4 €  fillo/filla.

ABONO FAMILIA NUMEROSA

  31 € / MES

Desconto no 50% nos suplementos por fillo.

 NOTA: Bonificación 50% de desconto con certificación de minusvalía de máis dun 33%.

GASTOS  MATRÍCULA

As persoas abonadas pagarán no momento de face-la súa inscrición  a cantidade de 23,50 €.
 
 
PAVILLÓNS MUNICIPAIS

• Ximnasio Municipal (Pavillón Castelao)
- De Luns a Venres: de 18:30 a 22:30.

• Polideportivos (Castelao - Campomaior)
- De Luns a Venres:de 18:00 a 22:30
- Sábados: Según calendario partidos.

• Actividades (Colexio Castelao)
- Futbol Sala: Masculino e Feminino (Diversas categorías)
- Hockey: Masculino e Feminino (Diversas categorías)
- Baloncesto: Escola e liga
- Ping-pong
- Aeróbic (Mulleres)

• Actividades (Colexio Campomaior)
- Fútbol Sala: Masculino e Feminino
- Tenis: escola e liga
- Patinaxe artístico

• Actividades (Mesón do Vento)
- Taekwondo
- Xadrez
- Baile (Infantil e adultos)
- Música (Iniciación e perfeccionamento)
- Dibuxo e pintura
- Teatro

• Cursos de natación Xullo e Agosto:
- Menores de 16 anos: 12 €
- Maiores de 16 anos: 18 €