| APAGON ANALOXICO |
|
A fase I do Plan Nacional de despregamento da televisión dixital terrestre (TDT) contempla o adianto do cesamento de emisións analóxicas ó 30 de xuño de 2009 para a área de Santiago de Compostela, na cal se atopa Ordes. Para recibi-la TDT na casa hai que seguir estes tres pasos:
Actualmente, a cobertura na área de Ordes, segundo datos do Ministerio de Industria, xa está dispoñible.
Para recibi-lo sinal da TDT pode seguir empregando a antena UHF convencional, que viña empregando para recibi-la televisión ata o de agora. É preciso eso sí, realizar unha serie de adaptacións da súa instalación, que deben ser realizadas por un instalador de telecomunicacións autorizado. Na maioría dos casos estas adaptacións consisten en instalar uns módulos para amplifica-lo sinal da TDT.
Este sintonizador permitiralle recibi-lo sinal, xa sexa a través dun dispositivo externo conectado ó televisor ou ben a través dun televisor con receptor integrado. Polo tanto, para poder seguir vendo a televisión, lembre adapta-la súa antena de televisión e conseguir un equipo de recepción da TDT. A data do apagón dixital é o 30 de xuño. Pode atopar máis información na seguinte dirección: |











