Escudo Concello de Ordes
ORDES SOSTIBLE. CAMPAÑA CONTRA O ABANDONO DE EXCREMENTOS CANINOS
Image
"A Concellería de Medio Ambiente, dende o programa ORDES SOSTIBLE, pon en marcha unha campaña de concienciación contra o abandono de excrementos caninos na vía pública.
Esta campaña pretende solucionar os numerosos problemas e queixas que se derivan do abandono dos excrementos caninos na vía pública, parques ou zonas de recreo e, incide tamén no elemento sancionador, facendo fincapé na multa que se pode aplicar ante esta infracción, considerada leve segundo a ordenanza municipal relativa á tenencia de animais domésticos, que establece unha cantidade de 30 a 60 euros por non recoller as deposicións".
 
< Anterior   Seguinte >