|
|
|
PROGRAMA DE DEFENSA DOS RIOS
|
O Programa de defensa dos ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixilancia (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.
Bloques de Actividades:
- Organización de cursos e charlas.
- Elección dunha conca fluvial e tramos de estudio.
- Estudio e seguimento periódico do río.
- Adopción de determinados treitos.
- Limpeza de ríos
|
|