-
PROGRAMA CONCORDIA
Organiza: Concello de Ordes
Colabora: Ecos do Sur
Contidos: ofrécese información e asesoramento xurídico especializado en estranxería ou acerca de procedementos administrativos (obtención de permisos, reagrupación familiar, obtención da nacionalidade española, requisitos de entrada en España, homologación de estudios, relacións matrimoniais e paterno-filiais, escolarización de menores, etc.) Tamén se ofrece asesoramento laboral sobre canais específicos de búsqueda de emprego e a inclusión na base de datos do Servicio de Orientación Laboral ao Inmigrante de Ecos do Sur.
Destinatarias: Persoas inmigrantes e emigrantes retornados/as
Lugar: Concello de Ordes (Rúa Alfonso Senra, 108 – Ordes)
Horario: Mércores de 9:30 a 1:30. Solicitar cita previa no Centro de Información á Muller.
-
SERVIZO DE INTEGRACIÓN LABORAL DA CO.GA.MI.
Organiza: CO.GA.MI.
Colabora: Concello de Ordes
Contido: No servizo de orientación laboral realizánse as seguintes actuacións:
Colectivo destinatario: Persoas con discapacidade de Ordes.
Para máis información: C.I.M. de Ordes.
-
PROGRAMA DE TELEASISTENCIA MÓBIL PARA VÍCTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO : TAMV-VG
Convoca: Concello de Ordes a través do Programa de Teleasistencia Móbil do IMSERSO e da FEMP.
Contido: Este programa é unha modalidade de servizo que, coa tecnoloxía adecuada, ofrece ás usuarias unha atención inmediata e a distancia, as 24 hóras do día os 365 días do ano. Permite que as mulleres en risco de sufrir violencia de xénero poidan entrar en contacto cun centro de atención, formado por persoal específicamente preparado para dar resposta axeitada a crise exposta, ben por si mesmos, ou mobilizando outros recursos humanos e materiais existentes. O contacto cos centros de atención pode establecerse en todo momento tan só premendo un botón do teléfono. Cruz Roja Española é a encargada de xestionar este programa.
Requisitos: Mulleres víctimas de violencia de xénero que conten con orden de protección.
Prazo: Todo o ano.
Informa: Centro de Información á Muller do Concello de Ordes.
Tel.: 981-68-21-08. Rúa Alfonso Senra nº 108. Ordes.
-
Documentación
Contido: Servizo de consulta e préstamo de libros e vídeos relacionados coas políticas de igualdade e outras temáticas de interese para as mulleres.
Lugar: C.I.M.
|