Escudo Concello de Ordes
Ver hoxe
Resto do mes
Mes anteior Día anterior
Día seguinte Mes seguinte

XVII CARREIRA POPULAR DO CONCELLO DE ORDES
Mércores 23 Maio 2012, 08:00 - 17:00
Image
O Concello de Ordes celebra a XVII edición da súa Carreira Popular o domingo 3 de xuño de 2012 na localidade de Ordes baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago) e de acordo co seguinte:
 
PLANOS DA CARREIRA
REGULAMENTO
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control técnico das probas estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.
CATEGORÍAS E DISTANCIAS DOS PARTICIPANTES: 
CATEGORÍA                  ANOS DE NACEMENTO    DISTANCIAS
BABY*                            2007 e posteriores    500 metros      
PREBENXAMÍN*         2006-2005    500 metros      
BENXAMÍN                   2004-2003    1000 metros      
ALEVÍN                           2002-2001    1000 metros      
INFANTIL                       2000-1999    3000 metros      
CADETE                          1998-1997    3000 metros      
XUVENIL                        1996-1995    9500 metros      
JUNIOR, PROMESA, SENIOR    1994 ata veteráns    9500 metros      
VETERANOS/AS A    nados/as entre 1977 e 1967    9500 metros      
VETERANOS/AS B    nados/as entre 1966 e 1957    9500 metros      
VETERANOS/AS C    nados en 1956 e anteriores    9500 metros     
*As categorías BABY e PREBENXAMÍN non son categorías federadas.

HORARIO DAS PROBAS
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio de cada proba, sita a mesma enfronte da Casa Consistorial.
 
HORA    CATEGORÍA      
10:00 h    Infantil e cadete                                                     (3000 metros)      
10:30 h    Baby e Prebenxamín                                              (500 metros)      
10:50 h    Xuvenil, Junior, Promesa, Senior e Veteranos  (9500 metros)      
11:00 h    Benxamín e Alevín                                                (1000 metros)     
 
Para o control da carreira absoluta (de xuvenís en adiante) tódolos participantes deberán levar un CHIP que lles será entregado xunto co seu dorsal (excepto propietarios de Chip amarelo) e que deberán atar de xeito correcto na súa zapatilla conservandoo ata o remate da proba onde efectuarán a súa devolución.

INSCRICIÓNS: 
CARREIRAS ESCOLARES (de Baby a cadetes): faranse a través do correo electrónico inscricionsFGAsantiago@gmail.com facendo constar os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, localidade de procedencia, clube e nº de licencia federativa ou seguro escolar  (se a/o ten). 
CARREIRA ABSOLUTA (de xuvenís en adiante), poderán facelo visitando a páxina  web www.championchipnorte.com onde se lle indicarán os pasos que deberán efectuar para formalizar a inscrición*.

PREZO DE INSCRICIÓN:
CATEGORÍAS ESCOLARES:                    GRATUITA
PROPIETARIOS CHIP AMARELO CHAMPIONCHIP:         3,00 €
CORREDORES SEN CHIP AMARELO CHAMPIONCHIP:     4,00 €

*Os equipos, clubes, centros… que desexen obtar os premios en metálico deberán formalizar a inscrición individual en ChampionChip de cada compoñente, e ademais remitir un correo electrónico á dirección inscricionsFGAsantiago@gmail.com no cal se reflexará a composición de atletas do clube cos seus datos persoais (nome e apelidos, data de nacemento, localidade de procedencia, clube e nº de licencia federativa (se a ten).
Para máis información, poderán utilizar os teléfonos 981 680002 e 981 680157.

O prazo de inscrición rematará o mércores 30 de maio de 2012 ás 22:00 horas. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO. Os dorsais e os CHIPS recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita na Casa do Concello (a carón da SAIDA) ata MEDIA HORA antes do inicio da proba correspondente.

O longo do percorrido a organización ubicará controis nos cales poderase descalificar a calquera atleta que incumpla a normativa da competición (sairse do percorrido, sacar o dorsal, empurrar ou obstaculizar a outros atletas…). O percorrido da proba absoluta estará sinalado cada kilómetro.

Todo atleta que chega a liña de meta sen o seu dorsal será automáticamente descalificado.

Segundo o ARTIGO 3.4. DO REGULAMENTO das competicións autonómicas de Ruta, Pista ou Campo a Través da REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ATLETISMO: “Por norma general en estas competiciones no podrán participar atletas extranjeros que no tengan licencia por la Federación Autonómica donde se celebre la competición salvo si se cumple alguno de los siguientes supuestos:
“En Autonomías con frontera terrestre con Portugal o Francia se permitirá la participación de atletas del país vecino siempre y cuando estos atletas no hayan sido internacionales por su país en los últimos 5 años y en una prueba similar”.
“Atletas residentes en la Comunidad Autónoma. Se deberá justificar con permiso de residencia o trabajo”.
En todos os casos o organizador poderá requerir a documentación necesaria e reterá o premio mentres non sexa presentada.

Habera servizo de duchas na piscina municipal a disposición de tódolos atletas ó finalizar as probas. Tódolos atletas que logren concluir a proba recibirán habituallamento líquido e unha camiseta conmemorativa do evento.

TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO
Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados de cada categoría (en mulleres e homes), así como trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3  primeiros homes da carreira XUVENIL, JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANAS/OS. Tamén outorgarase trofeo ós 3 primeiros clasificados do Concello (deberán estar censados) na proba absoluta (en mulleres e homes), ó participante máis xoven e o máis veterano que logre concluila proba (da súa categoría, claro).  Os trofeos non serán acumulativos.

PREMIOS EN METÁLICO
CARREIRA ABSOLUTA (XUVENIL, JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANA/O).
PREMIOS INDIVIDUAIS                                   
1º Clasificado:    150 €           
2º Clasificado:    80 €                (Iguais para mulleres e homes)
3º Clasificado:    50 €               

PREMIOS POR EQUIPOS*                                   
CARREIRA ABSOLUTA (XUVENIL, JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANA/O).
1º Equipo Clasificado: 150 €
2º Equipo Clasificado: 100 €   
3º Equipo Clasificado: 50 €

*A clasificación por equipos será establecida a través dos 4 primeiros corredores en cruzala línea de meta. Para puntuar nesta clasificación é necesario realizar a inscrición como clube* (inscribindo os corredores individualmente en ChampionChip e remitindo un correo electrónico a dirección inscricionsFGAsantiago@gmail.com cos datos do clube e dos seus compoñentes), e que alo menos 5 corredores do mesmo logren concluila carreira. A confección dos equipos poderá ser mixta, masculina ou femenina, pero todos puntuarán nunha soa clasificación. NINGÚN CLUBE OU EQUIPO OU CLUBE ENTRARÁ NESTES PREMIOS SENÓN SEGUE OS PASOS MARCADOS PARA A INSCRICIÓN POR CLUBE INDICADA NO PUNTO 5 DESTE REGULAMENTO.

PREMIOS POR GRUPOS DO MUNICIPIO*                       
CARREIRA ABSOLUTA (XUVENIL, JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANA/O).
1º Grupo Clasificado: 150 €
2º Grupo Clasificado: 100 €   
3º Grupo Clasificado: 50 €

*Na clasificación por grupos poderán entrar tódalas asociacións, clubes, equipos, centros,… do municipio de Ordes. A clasificación será establecida a través dos 6 primeiros corredores en cruzar a liña de meta. Para puntuar nesta clasificación é necesario realizar a inscrición como grupo municipal* (VER PUNTO 5 DO REGULAMENTO) e que alo menos 8 corredores do mesmo logren concluila carreira. A confección dos grupos poderá ser mixta, masculina ou femenina, pero todos puntuarán nunha soa clasificación.
* Non se pode duplicar a inscrición, é dicir, os corredores  so poderán estar anotados ou a través dunha asociación, clube ou dun centro educativo, non poderá figurar en duas entidades.

PREMIOS ESPECIAIS*                                   
CARREIRAS ESCOLARES
Outorgarase un premio especial de 150 € ó Centro Educativo que aporte maior número de participantes. Para elo deberán formalizar a inscrición como tal remitindo un correo electrónico á dirección inscricionsFGAsantiago@gmail.com no cal se reflexe o nome do Centro Educativo e os datos dos seus atletas (nome e apelidos, data de nacemento e nº de seguro escolar (se o ten)).
 
Os premios en metálico serán aboados unha vez concluidas as probas. Para elo tódolos atletas gañadores de premios en metálico deberán acreditar a súa identidade coa presentación do DNI, carnet de conducir ou pasaporte.

 As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

 Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor.

Máis información nas páxinas web:
www.concellodeordes.com
www.atletismogalego.org
www.fgatletismo.es/santiago
www.championchipnorte.com

Localización:
Contacto:

Volver