Escudo Concello de Ordes
Ver hoxe
Resto do mes
Mes anteior Día anterior
Día seguinte Mes seguinte

EXPOSICION GALICIA CONSERVANDO A NATUREZA
Dende Luns 23 Xullo 2012 - 08:00
Ata Venres 27 Xullo 2012 - 15:00
Cada día

Image
CANDO? Do 23 ao 27 de xullo
ONDE? Na casa do concello de Ordes
A QUE HORA? Dende as 8.00 ata as 15.00 h.
VISITAS GUIADAS PARA GRUPOS: Solicitude previa no teléfono 981 68 00 02


Galicia. Conservando a natureza.
A natureza galega é un mosaico de paisaxes de costa e montaña, densas fragas e chairas extensas, rías onde conflúen os ríos e o mar,queirugais, matos e lagoas.
Esta variedade de hábitats acolle unha importante diversidade de especies animais e vexetais, algunhas das cales presentan, no noso territorio, poboacións de extraordinaria importancia a nivel internacional, pola súa escaseza ou polo reducido tamaño do seuterritorio, como poden ser a salamántiga rabilonga ou a vacaloura.
Sen embargo, a actividade humana xunto co seu espallamento, a explotación dos recursos, a contaminación..., chegaron a poñer enperigo esta biodiversidade.
A aplicación de figuras de protección ambiental, que limitan a actividade humana en determinados territorios, permítenos salvagardarna actualidade os valores naturais que conteñen, e que sonrepresentativos da paisaxe, flora e fauna de Galicia.
O 12% do territorio galego atópase amparado por figuras de protección máis ou menos restrictivas, como os parques naturais, espazosnaturais, lugares de interese comunitario ou zonas de especialinterese para as aves, garantindo a preservación da nosa biodiversidade.

Por que esta exposición?
Presentar ao gran público a diversidade e singularidade dos nosos espazos naturais protexidos permite concienciar á poboación sobre aimportancia da conservación do medio natural e o seu propio papel napreservación da natureza e das súas especies.Mediante materiais expositivos, visitas guiadas, obradoiros e xogos,os/as visitantes poderanse sorprender coa cantidade e diversidade deespazos protexidos declarados no territorio galego, a variedade e singularidade das especies animais e vexetais que poden atopar neles,entenderán o significado das figuras de protección e o que conlevan, e desenvolverán actitudes de responsabilidade fronte a conservaciónambiental.

Localización:
Contacto:

Volver